Monday 10 de March de 2025

Incendio nun local do concello de Zas


O parque provincial de Santa Comba atendeu a pasada noite un aviso por incendio nun restaurante na parroquia de Baio, no concello de Zas. Ao chegar ao lugar, os bombeiros comprobaron que o lume fora extinguido polo alertante empregando tres extintores en pó. Procederon a comprobar que non quedara ningún foco prendido coa cámara termográfica e ventilaron o espazo, que aínda se atopaba cheo de fume. O  incendio provocou danos na campana extractora e outros electrodomésticos da cociña. Remataron o servizo cara a media noite.

Deja un comentario