Monday 10 de March de 2025

As xornadas de Atletismo de XOGADE arrancan este sábado na Pobra do Caramiñal


A Pobra do Caramiñal acollerá, este sábado 01 de marzo, o inicio das Xornadas de Atletismo Benxamín, Alevín e Infantil da Liga Xogade.

Os cativos e cativas da Zona Noia-Santiago, na que se inclúe o concello da Pobra do Caramiñal, terán a oportunidade de competir en distintas modalidades de Atletismo este sábado no Estadio da Alta, que albergará tres das catro datas desta fase preautonómica.

“Este tipo de eventos demostran que a Pobra do Caramiñal é sinónimo de promoción do deporte de base. Dende a área de deportes seguimos traballando nesta dirección” – sinalou Eloy Sobrido, concelleiro de Facenda, Deporte e Xuventude da Pobra do Caramiñal.

Deja un comentario