
As inscricións realizaranse na Oficina de Turismo de Miño desde o 6 ao 13 de marzo, ou ata que se esgoten as prazas dispoñibles.
O Concello de Miño organizou unha excursión cultural ao Cabo Ortegal e ao banco de Loiba para o vindeiro sábado 15 de marzo, dirixida especialmente ás persoas empadroadas no municipio e maiores de 55 anos, quen terá prioridade na inscrición.
A xornada comezará ás 8:30 horas, con saída desde a Rúa do Mercado. O itinerario inclúe visita ao banco de Loiba, tempo libre en Ortigueira, comida na casa Rodrigo, visita ao Cabo Ortegal e tempo libre en Cedeira. A chegada de regreso a Miño está prevista para as 20:30 horas aproximadamente.
O prezo da actividade é de 8 euros para o transporte en autobús, mentres que a comida terá un custo de 18 euros por persoa. As inscricións realizaranse na Oficina de Turismo de Miño desde o 6 ao 13 de marzo ou ata que se esgoten as prazas dispoñibles.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.