
O parque provincial de Carballo recibiu aviso na noite pasada dun accidente de tráfico na estrada AG-55 en dirección A Coruña, cun único vehículo implicado e sen persoas atrapadas. Ao lugar dos feitos chegou previamente a Garda Civil de tráfico, que cortou o carril para que o guindastre puidera retirar o turismo accidentado. O accidente provocou unha mancha de aceite que os bombeiros procederon a limpar con desengrasante e auga a alta presión. Completou a actuación Atestados da Garda Civil de tráfico e o servizo de mantemento de autoestradas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.