
∙ Os populares denuncian que Culleredo segue pagando as taxas de lixo máis altas mentres o Consorcio mantense en Nostián a pesar dos seus incumprimentos ambientais.
∙ A portavoz popular acusa o alcalde de evitar o debate e reclama transparencia na xestión do lixo para aliviar a carga económica dos veciños.
O Partido Popular de Culleredo volveu a esixir explicacións ao alcalde sobre a xestión do lixo no Consorcio As Mariñas, tras coñecer pola prensa que o Consorcio decidiu seguir na planta de Nostián, a pesar dos seus incumprimentos ambientais e do elevado custo para os veciños de Culleredo.
A portavoz popular, Izaskun García lembra que “o mes pasado rexistramos unha batería de preguntas sobre este asunto no pleno municipal, sen obter resposta, xa que o alcalde remitiuse ao Consorcio. Con todo, o Consorcio tampouco contestou. Ademais, o pasado 11 de febreiro, solicitamos acceso a documentación crave, como as facturas da empresa Albada, os estatutos do Consorcio e a carta enviada pola Consellería de Medio Ambiente ao Concello de Culleredo, sen que ata a data facilitouse dita información”, recalca García.
“O alcalde non asistiu a este último pleno, onde se esperaba que dese explicacións sobre por que en Culleredo somos os que máis pagamos pola xestión do lixo. Pero, mentres seguimos sen información, decatámonos pola prensa de que o Consorcio tomou decisións que comprometen o futuro da xestión de residuos na nosa comarca”, denuncia a líder popular.
Os populares critican que o acordo manteña ao Consorcio en Nostián, “a pesar de que o seu modelo é a opción máis contaminante e penalizada pola Unión Europea”. Ademais, cuestiona o acordo extraxudicial con Albada por 9,2 millóns de euros rebaixando a indemnización inicial de 11,5 M. “Estamos a falar de máis de 2 millóns de euros perdoados a unha empresa que xa cobrara aos veciños por un servizo que, segundo sentenza xudicial, non lles correspondía pagar”, sinalou indignada.
Tamén sinala que o suposto aforro no custo por tonelada é enganoso, xa que SOGAMA “pode ofrecer descontos ambientais de ata 25€ por tonelada o que, sen dúbida, supoñería unha significativa redución na factura de cada veciño”.
“O alcalde foxe do debate e de dar explicacións porque sabe que non ten respostas para xustificar este abuso. Desde o PP de Culleredo esiximos transparencia e unha xestión responsable dos residuos, que garanta o cumprimento da normativa ambiental e, sobre todo, que non siga penalizando economicamente aos nosos veciños”, sentenza García.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.