
A delegada da Xunta destacou que esta obra dá resposta a unha petición do alcalde, xa que mellora a accesibilidade viaria ao Club de Tiro e aos núcleos de Cerqueiras, Mantiñán e Vilar de Fraga
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o alcalde da Laracha, José Manuel López, e a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificiación de Infraestruturas, Begoña Freire, supervisaron a actuación realizada pola Xunta de Galicia na AC-523, entre os puntos quilómetros (5+780 a 6+430), na súa marxe esquerda, ao seu paso por Vilar da Fraga, pertencente ao concello da Laracha. Belén do Campo resaltou o bo resultado da actuación que é unha mostra máis do esforzo que fai a Xunta pola conservación das redes viarias galegas para garantir a súa funcionalidade e seguridade. Neste senso, destacou que esta obra dá resposta a unha petición do alcalde, xa que mellora a accesibilidade viaria as instalacións do Club de Tiro e aos núcleos de Cerqueiras, Mantiñán e Vilar de Fraga.
A actuación supuxo un investimento de case 50.000 euros e consistiu na limpeza e acondicionamento da explanada e apertura de cunetas para a posterior aplicación de formigón de 5 cm de grosor, incluíndo rego de adhesión.
Na visita a delegada destacou que tras rematar a intervención levarase a cabo a cesión deste tramo desta estrada autonómica ao Concello. Cando se peche a tramitación desta cesión correspónderalle ao Concello da Laracha a xestión da conservación e mantemento da estrada, ademais do exercicio da función de disciplina viaria.
O Goberno galego, con estas actuacións, busca fomentar aqueles investimentos que resolvan problemas nas infraestruturas, coa finalidade de incrementar a seguridade viaria e mellorar a calidade de vida da cidadanía.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.