Monday 10 de March de 2025

O Concello estuda as zonas nas que os baixos poderán converterse en vivendas


O Concello de Oleiros estuda a posibilidade de poder converter en vivendas algúns baixos destinados a actividades comerciais en edificios situados nas zonas urbanas das principais localidades. En ningún caso se permitirán pisos turísticos.

Serán considerados aptos para a función residencial aqueles que reúnan as condicións necesarias para a saída de fumes e a conexión de servizos de auga e saneamento respectando as actuais conexións que teñan os edificios colectivos nos que se sitúan os locais.

O Concello aclara que non todos os baixos poderán converterse en vivendas, pois avaliaranse as necesidades de equipamento comercial de cada lugar. O Concello enviará á Xunta un plano coas zonas delimitadas onde poderá levarse a cabo esa transformación funcional dalgúns baixos.

Deja un comentario