Monday 10 de March de 2025

O Club de Xubilados de Lousame leva a preto dun cento de veciños ao “Domingo corredoiro” do Entroido de Xinzo de Limia


Preto dun cento de persoas participaron na excursión ao entroido de Xinzo de Limia organizada pola Asociación Club de Xubilados de Lousame e que tivo lugar o pasado domingo 23 de febreiro. A expedición desfrutou dunha visita guiada ao Museo Galego de Entroido, onde puideron coñecer diferentes traxes que representan unha tradición tan importante en Galicia como é a do Entroido.

 

A viaxe coincidiu co “Domingo corredoiro”, que marca o inicio do Entroido en Xinzo de Limia e no que as Pantallas percorreron as rúas da capital da Limia ata a praza maior. Unha celebración, animada musicalmente polas charangas Élite e Sound Band, da que desfrutaron os veciños e veciñas de Lousame.

Deja un comentario