
O plenario municipal acordou este martes solicitar á Xunta de Galicia a declaración da Feira de Olería “Alfaroleiros” como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Alfaroleiros é un dos eventos culturais máis significativos e relevantes que teñen lugar no municipio. A feira, que avoga pola conservación, mantemento e divulgación do oficio artesanal da olería, está considerada como unha das máis importantes do seu sector a nivel nacional, axudando a promover a cultura galega e a dinamizar o sector artesanal do país. Os grandes valores da Feira, así como a súa crecente dimensión festiva, fan deste evento un senlleiro exemplo de festa que mestura cultura, identidade, etnografía, creatividade e dinamismo económico.
Con respecto da concesión ao Concello de Oleiros por parte da Dirección Xeral de Costas, o Pleno acordou solicitar a esta a concesión dun total de 662,38 m2 que se corresponden coa senda peonil existente entre o Paseo Marítimo de Santa Cruz e o Parque As Galeras, o propio muro dique proxectado e o Paseo Marítimo de Santa Cruz. Desde o Goberno municipal sinálase a imperiosa necesidade de intervir por vía de emerxencia ante a necesidade de actuación polo risco e perigo que supón a situación de desprendementos na zona, dada a grande afluencia de persoas usuarias na senda e paseo marítimo.
Neste plenario tamén se aprobou a participación na convocatoria da Dirección Xeral de Fondos Europeos, no marco do desenvolvemento urbano sostible con cargo ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no período de programación 2021-2027. O Concello de Oleiros solicita un total de 8,9 millónsde euros que serán investidos na reforma integral do Mercado Municipal de Perillo e a súa contorna, o Castelo de Santa Cruz, a fachada marítima de Santa Cristina, a biblioteca central Rialeda e o multiusos de Bastiagueiro. Todos os grupos votaron a favor agás o PSOE.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.