Monday 10 de March de 2025

O concello de Laxe inicia os obradoiros de memoria para persoas maiores 


O Concello de Laxe puxo en marcha hoxe a actividade “Estimulación cognitiva: ximnasio da mente”, un programa dirixido a persoas maiores co obxectivo de manter a mente activa, mellorar o estado de ánimo e fomentar as relacións sociais.

A primeira sesión desenvolveuse hoxe en Serantes, e nos próximos días continuará en diferentes localidades do municipio segundo o seguinte calendario:

  • Laxe: martes de 10:30 a 12:00 horas e de 12:00 a 13:30 horas
  • Soesto: mércores de 9:30 a 11:00 horas
  • Traba: mércores de 11:30 a 13:00 horas
  • Aprazadoiro: xoves de 10:00 a 11:30 horas

Este programa ten como finalidade estimular as funcións mentais superiores e retrasar o deterioro cognitivo, ademais de ofrecer un espazo de encontro que favoreza a interacción social e contribúa a mellorar a calidade de vida das persoas participantes.

O Concello de Laxe aposta por esta iniciativa como unha ferramenta esencial para o benestar da poboación maior, promovendo un envellecemento activo e saudable.

Deja un comentario