
O Concello da Coruña impulsa a innovación cultural coa promoción dunha iniciativa única que fusiona tradición, ritmos latinos e pluralidade.
O Concello da Coruña anuncia o lanzamento do Koruñódromo, unha festa que converterá a tradicional praza José Sellier nun espazo de ledicia, baile e convivencia. Impulsada en colaboración cos propietarios dos locais de hostelería – A Buserana, Bar Tracio, Bodega Martirio, La Urbana e Redrum – e coa Asociación de Comerciantes Soho Orzán, esta iniciativa reflicte o compromiso da actual administración en promover actividades culturais que engaden valor á nosa cidade.
Inspirado pola enerxía dos sambódromos brasileiros e adaptado á esencia e ao clima coruñés, o evento celebrarase os próximos 1, 2 e 3 de marzo, e pretende converterse nun punto de encontro durante o Antroido coruñés, que segue afianzando a súa oferta festiva combinando tradición e innovación para todos os cidadáns.
Programación destacada
● Sábado 1 de marzo :
○ A partir das 21.00, tras o tradicional desfile, os aclamados DJs Gorllitox e Ces DJ inaugurarán o Koruñódromo, transformando a praza José Sellier nunha auténtica pista de baile.
○ Durante o día, a rúa Orzán acollerá un especial feirarrúa con mercadillo, talleres de maquillaxe e disfraces para os máis pequenos.
● Domingo 2 de marzo:
○ Celebraranse dous CarnaBingo, desde ás 17. 00, na praza Sellier (un bingo tradicional e outro musical).
○ Ás 19:00 terá lugar, tamén na praza, unha Queimada Empoderante.
Nota de Prensa
● Luns 3 de marzo:
○ Ás 21.00, o grupo Samba dos Amigos animará a festa, que incluirá un Concurso de Disfraces individual e grupal con premios que superan os 300 €.
○ A celebración culminará a medianoche coa actuación do DJ Rompecinturas Selektor, que levará a ledicia ata as primeiras horas da mañá.
Un aspecto fundamental deste proxecto é a garantía dun espazo seguro e inclusivo, especialmente para as mulleres e o colectivo LGBTQ+, unha prioridade que se reflicte nas políticas do actual goberno municipal. Así, a visión da administración, liderada por Inés Rey, reafirma o seu compromiso coa cultura, a igualdade e o benestar dos cidadáns, posicionando A Coruña como un referente de innovación e festa.
O Koruñódromo é unha actividade máis que se suma á ampla programación do Antroido 2025 da Coruña, iniciada este sábado 22 de febreiro. Consulta a programación completa do Antroido 2025 neste enlace: https://www.coruna.gal/programaciónAntroido2025
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.