
Na mañá de hoxe, luns 24 de febreiro, produciuse un incendio nun coche que se atopaba estacionado nun galpón dunha vivenda do lugar de San Vitorio, na parroquia de Vixoi.
Descoñécense polo momento as causas que ocasionaron o incendio, que deixou o vehículo calcinado por completo e ocasionou danos parciais na edificación.
Ata o lugar acudiron os bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña do parque de Betanzos e Protección Civil de Bergondo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.