
O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa “Prevención e resolución de conflitos na aula desde a educación emocional”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
O obxectivo xeral do programa é formar e sensibilizar ao alumnado e as familias na prevención e resolución de conflitos tomando como base a educación emocional.
Os obxectivos específicos a tratar son:
• Sensibilizar e desenvolver habilidades sociais e emocionais para identificar e previr o acoso escolar.
• Desenvolver habilidades para resolver conflitos de forma saudable e respectuosa, a partir da educación emocional, a disciplina positiva e a comunicación no violenta.
• Dar a coñocer e poñer en práctica estratexias e ferramentas para a identificación e resolución de conflitos.
• Proporcionar ferramentas que melloren a comunicación e aprender a comunicarse de forma asertiva.
Ofertase ao alumnado de primaria.
d aeducación emocional, a disciplina
Ao longo do mes de xaneiro realizouse a presentación do programa nos centros escolares e recolleronse solicitudes para elaborar o cronograma.
A partir do día 21/2/25 inicianse os obradoiros nos centros escolares de Fene e os outros dous concellos, cunha duración de tres sesións por grupo aula. O programa remata o 24/4/25.
Ao longo das sesións desenvolveranse actividades prácticas, asi como reflexións grupais sobre situacións emocionais comúns. Discusión de casos prácticos. Xogo de roles para prácticar a empatía. Técnicas de comunicación efectiva.
Para calquera información dirixirse a: no centro municipal de Servizos Sociais do concello de Fene a través da Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal
Con este programa se está incidindo nos ODS
3: saúde e benestar.
5: Igualdade de xénero.
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo – San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
servizos.sociais@fene.gal
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.