Sunday 23 de February de 2025

O BNG insta ao goberno de Culleredo que avance na elaboración da nova ordenanza do uso do galego


O BNG levou ao pleno de xullo de 2024 unha moción para instar á elaboración dunha nova ordenanza sobre o uso do galego.

A moción foi aprobada por unanimidade.

Actualmente non se ten coñecemento de ningún avance en relación a este acordo plenario.

O BNG levou ao pleno do mes de xullo do pasado ano 2024 unha moción en sobor da normalización do uso da lingua galega no Concello de Culleredo.

O contido da moción instaba ao órgano competente a elaborar e presentar ante o Pleno do Concello de Culleredo unha ordenanza do uso da lingua galega, que debería establecer accións a emprender por parte do Concello, así como criterios lingüísticos para seguir nas diferentes accións, ámbitos de actuacións ou situacións comunicativas.

Se ben esta moción foi aprobada por unanimidade por parte de todos os grupos que fan parte do pleno municipal e incluso facía fincapé na posibilidade de que dita ordenanza fose presentada ao pleno antes de que concluíse o ano, o certo é que a día de hoxe non hai constancia de que se dera ningún paso para que esta ordenanza sexa unha realidade.

A situación da nosa lingua hoxe é realmente preocupante, pois segundo os datos do IGE, por primeira vez na historia da Galiza hai máis falantes de castelán que da nosa propia lingua. Cómpre traballar para revertir esta situación, polo que as institucións deben responder como lles correponde e actuar con rapidez.

Deja un comentario