A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado entregará os diplomas do Programa de Voluntariado Xuvenil de Lousame 2015
A Casa da Cultura de Lousame acolle mañá sábado 5 de marzo, ás 12:30 horas, unha charla sobre axudas e programas para mozos e mozas, impartida por un técnico da Rede Galega de Dinamización Xuvenil. Unha iniciativa que pretende achegarlle á mocidade lousamiana información sobre todos os recursos á súa disposición: axudas, bolsas, programas de mobilidade, prácticas formativas en empresas, formación no extranxeiro, etc.
Como clausura da xornada, a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, entregarán os diplomas aos oito mozos e mozas participantes no programa de voluntariado xuvenil de Lousame durante 2015.