
A marcha partirá este domingo ás 12h da Alameda e percorrerá as rúas da cidade ata o Obradoiro ao berro de “Lingua vital xa”
Alternativa dos Veciños apoia a manifestación pola lingua que terá lugar mañá domingo en Santiago de Compostela.
A marcha sairá ás 12h da Alameda pola rúa da Senra, Praza de Galicia, Porta da Mámoa, Praza do Toural, rúa do Vilar, Praza das Praterías e Rúa de Fonseca, ata concluír na praza do Obradoiro, onde se lerá o manifestó.
A manifestación de mañá será unha demostración da conciencia dos galegos e galegas e da unidade e consenso existente na nosa sociedade respecto a necesidade de coidar e potenciar o uso do galego, ante os preocupantes datos de perda de falantes, especialmente entre os máis novos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.