Saturday 22 de February de 2025

Trémola Teatro chega este sábado a Neda coas súas “Historias soñadas”, inspiradas en Rosalía de Castro


O Concello de Neda programa este sábado, a partir das 12 horas, no marco das actividades especiais con motivo do Día de Rosalía, o espectáculo infantil “Historias soñadas”. A obra de Trémola Teatro inspírase na vida e na obra da escritora máis recoñecida da literatura galega.
A biblioteca municipal acollerá esta proposta de narración oral, que forma parte do ciclo cultural “Lesme un conto?”. Os nenos e nenas, de tres anos en diante, que se sumen á iniciativa terán a oportunidade de descubrir, a través dunha fiestra, toda a maxia do mundo rosaliano.
A poesía e a música son tamén pezas centrais nesta aposta, que busca familiarizar aos máis pequenos da localidade a unha das figuras clave do Rexurdimento.
Pan e poesía
Xa por último, o domingo 23, xornada na que se conmemora o nacemento no 1837 da escritora, o Concello pon en marcha “Pan e poesía”. As persoas que se acheguen á vila a mercar o pan, emblema gastronómico de Neda, recibirán como regalo un marcapáxinas con poesía da autora.
Haberá cinco modelos con outros tantos poemas coñecidos da escritora, uns de Cantares gallegos e outros de Follas Novas. Entregaranse ata fin de existencias, nas panaderías que, de forma habitual, abren o seu despacho nesa xornada.

Deja un comentario