
A Pobra do Caramiñal, 21 de febreiro de 2025.- Ano tras ano,o Entroido vai consolidando a súa importancia como unha das festividades máis importantes da Pobra do Caramiñal. Dende a Concellería de Cultura, a edil Patricia Lojo e a técnica de cultura Fita Sanisidro presentaron un calendario de actividades que busca superar as edicións pasadas.
“Ao longo desta semana de Entroido, dende a Concellería de Cultura buscamos realizar unha proposta que incluíse todos os aspectos do noso Entroido, cunha programación ateigada de música, concursos, disfraces e moita, moita diversión”, declarou a edil Patricia Lojo.
A programación comezará cunha gran festa de entroido o sábado 1 de marzo. A Charanga “Os Encerellados” dará o pistoletazo de arranque cun pasarrúas ás 12:00h, ao que se sumará ás 19:00h a animación de BARAFUNDA: FESTA TRIBAL, que servirá como antesala da festa de disfraces que arrancará ás 22:00h con música a cargo da Discomóbil “Chocolate”. O domingo tocaralle aos máis cativos, que poderán desfrutar a partir das 17:00h na Praza Alcalde Segundo Durán dunha festa ateigada de sorpresas, e que contará cun Concurso Infantil de Disfraces e cun espectáculo de animación a cargo de ANIMAR-T. O martes, día 4, chegará o prato forte co imprescindible disfrace de carrozas e disfraces que arrancará ás 17:30h dende a Covecha, e que este ano conta cunha bolsa de premios maior que en edicións pasadas.
A proposta deste ano péchana o Enterro do Felipiño o sábado 8 ás 19:00h, organizado pola veciñanza da Parroquia do Xobre, e o Domingo de Piñata a cargo da veciñanza da Crocha, que dará comezo ás 18:00h.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.