Saturday 22 de February de 2025

Finalizan as obras de mellora de seguridade viaria no acceso ao área recreativa de Lubre


· Os traballos, a través dos mellorouse a vía e creouse unha senda peonil, supuxeron un investimento de 44.000 euros.

· Continúa o proxecto de actuacións para esta zona, na que xa se renovou o local social, o aparcamento, o merendero ou a pista deportiva.

O Concello de Bergondo finalizou o proxecto de mellora de seguridade viaria no acceso ao área recreativa de Lubre, unha actuación financiada con fondos propios que contou cun orzamento total de 44.057,66 euros.

Os traballos que levaron a cabo permitiron, por unha banda, renovar o pavimento e a plataforma destinada ao tráfico rodado e, polo outro, crear unha senda peonil, delimitada con bolardos, para aumentar as condicións de seguridade dos peóns que fan uso desta vía para chegar a unha zona de equipamentos como é a área recreativa de Lubre.

Desde o goberno local de Bergondo destacan o proxecto de mellora total que se levou a cabo nesta zona, na que, ademais desta última obra, xa se renovou o local social, o aparcamento, o merendero, o parque biosaudable e o infantil, a rede de pluviais e a pista deportiva, coa instalación dunha cuberta, unha bancada e vestiarios.

Deja un comentario