
● O Concello presentou hoxe a programación de actividades, nas que haberá xogos, baile, animación e moita música.
● Celebrarase o sábado 1 e o domingo 2 de marzo nas Pistas de Rabazal.
O Concello de Miño presentou hoxe a programación de actividades para o Entroido, con opcións para todos os gustos e idades, e na que destaca o tradicional concurso de disfraces no que se repartirán un total de 1.200 euros en premios.
Os eventos empezarán o sábado 1 de marzo co concurso de disfraces, que culminará ás 22:30 horas coa verbena, amenizada pola orquestra Miramar. No descanso da orquestra entregaranse os premios do concurso de disfraces, que repartirá 1.200 euros en galardóns en dúas categorías: A, dunha a tres persoas; e B, de catro persoas en diante. As inscricións poden formalizarse no correo electrónico cultura.deportes@concellodemino.gal ou na propia verbena.
Os nenos serán os protagonistas da xornada do domingo, 2 de marzo. Ás 17:30 horas celebrarase a Festa Infantil, na que haberá xogos interxeracionais, animación, bailes e moita música.