A II Feira de Oportunidades abriu hoxe as súas portas no primeiro andar da Praza de Abastos, contando nesta primeira xornada con gran número de público ávido por atopar as mellores ‘gangas’. Ata o vindeiro domingo, 6 de marzo, un total de quince establecementos ofrecerán as súas novidades e o mellor do seu en téxtil, calzado, bixutería, marroquinería, agasallos, artesanía ou cerámica. Dress, Alfombra roja, Kukadas, Sombrero de copa, Sportec, Pasos, Tasmania, Carma, Muxa, Ekaté, Capitán, Arco iris, Andrea mercería, Xan Ferreiro, ou Juan Carlos Varela roupa infantil son as firmas que participan desta iniciativa. O horario de atención ao público irá de 10 a 14 e dende as 16 ata as 21 horas.
A cita tamén inclúe a celebración de varios cursos de repostería, nos que tamén se aprenderá a facer receitas para persoas celíacas ou diabéticas.