Ao redor de vintecinco óleos de temática variada (paisaxes, bodegóns, pousados, mariñas, etc.) compoñen a mostra de pintura que a artista ferrolá Julia Pita abrirá ao público o vindeiro luns na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene. A mostra permanecerá aberta ao público dende o 7 de marzo ao 1 de abril.
Horario de visitas: de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e sábados, de 10 a 13 horas.
Horario especial durante a Semana Santa: de luns a venres, de 10 a 14.15 horas (agás domingos e festivos nos que a sala permanecerá pechada)
Natural de Ferrol, Julia Pita pinta dende hai 8 anos, cando comezou a asistir ás clases de pintura de José Montero. Ata a actualidade, ten realizado exposicións no Club de Tenis de Redes, no Casino de Ares, en Mugardos, no Froiz de Narón e no Club de Campo de Ferrol.