
O Concello de Neda convoca o proceso selectivo para cubrir temporalmente as cinco prazas de albaneis, das que disporá a cuadrilla municipal, que se porá en marcha ao abeiro da subvención do PEL- Concellos 2025. A partir de mañá, e por un prazo de cinco días hábiles, as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes para optar a estes postos.
Trátase de cinco empregos a tempo parcial (87,50 % da xornada), por un período de cinco meses. A propostas laboral vai destinada, como en anos anteriores, a acadar a inserción laboral de persoas desempregadas en situación de exclusión social, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas, mediante a realización de obras de mantemento e reparación de vías e espazos públicos.
Así, poderán presentar candidatura ata o xoves 27 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello (sede electrónica https://sede.neda.gal), veciños e veciñas maiores de 45 anos; mulleres; desempregados de longa duración (máis dun ano na busca de emprego); persoas cun grado de discapacidade por riba do 33%; persoas que vivan nun fogar no que ninguén teña emprego, persoas de fogares monoparentais… Evidentemente deberán contar coa categoría profesional requirida, e capacidade para levar a cabo as tarefas.
Na selección valorarase a experiencia previa en traballos similares, a formación específica neste oficio, e a dispoñibilidade de carné de conducir, ademais de circunstancias socioeconómicas das persoas candidatas.
As bases da convocatoria, así como o modelo de solicitude de admisión ao proceso selectivo, poderán consultarse nas oficinas xerais da casa consistorial o una web municipal.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.