Saturday 22 de February de 2025

Visita de alumnado de Turismo da UDC para coñecer o traballo de promoción e desenvolvemento turístico de Carballo


Alumnado de Turismo da UDC achegouse ata o noso concello para coñecer de primeira man o traballo de promoción e desenvolvemento turístico de Carballo.

Despois dunha sesión de presentación e debate que se levou a cabo no Museo de Bergantiños, acompañados/as pola técnica de Turismo, Maite Parga, os/as estudantes visitaron dous dos nosos principais recursos turísticos: a praia de Razo e o balneario de Carballo, o único en funcionamento en toda a provincia. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer proxectos turísticos que están en marcha no noso concello, como a Rede de Pobos do Surf e Os Fogóns do Anllóns.

Deja un comentario