
O Concello de Ribeira a través da concellería de Festexos quere transmitir á veciñanza de Aguiño que todos os festexos do presente ano están garantidos. Segundo indicou o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta “o primeiro que queremos deixar claro e que as festas de Aguiño como no resto das parroquias vanse a celebrar nas datas de sempre e como ata do agora”, o concelleiro transmitiu a súa preocupación e solidariedade coa Comisión de Festas de Aguiño e indicou “que si unha comisión de festas decide dimitir, dende o meu cargo non podo obrigar a ninguén a formar parte dunha comisión, é unha decisión que toman eles de forma libre e non teño nada que engadir ao respecto”.
A continuación recordou que hai unha problemática con Portos “ben coñecida pola veciñanza na que Portos de Galicia sanciona ao Concello de Ribeira pola celebración de festexos tanto en Ribeira como nas parroquias, e polo tanto falouse coa comisión e se transmitiu que se podían expedir o permiso na súa representación para evitar posibles sancións, chegouse a ese acordo non houbo ningún tipo de problema ata que nos informaron por parte da Comisión que Portos lle facía pagar un aval moi alto e inasumible polo que decidimos que dende a concellería asumiríamos a petición ”
Suárez-Puerta reitera “pola nosa parte mandamos unha mensaxe de tranquilidade e normalidade e que as festas se celebrarán coma sempre”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.