
A concelleira de cultura Patricia Lojo indicou que “ seguimos traballando en poñer en valor a unha poeta clave para a lingua galega de aí a que durante toda a semana haxa diversas actividades arredor de Rosalía”
A técnica de cultura Fina Sanisidro foi a encargada de explicar as diversas actividades:
Do 18 ao 28 de febreiro celebrarase o concurso das “Sete Rosalías” unha actividade para os nenos e as nenas, que deberán atopar nas máis dunha trintena de establecementos comercias da Pobra do Caramiñal as “Sete Rosalías diferenciadas”
O día 21 será o día homenaxe xa que coincide co último día lectivo antes do propio Día de Rosalía de Castro e polo tanto permite a participación dos centros educativos do centro, claves segundo a concelleira Patricia Lojo “ para a promoción da lingua galega e a posta en valor da escritoras galegas”
Ás 11:45 hrs actuará o grupo de música tradicional Trécola e a continuación será a quenda para unha performance participativa a cargo dos Quinquilláns que leva como título Que pasa arredor de min?
Ás 13.00 horas realizarase a tradicional ofrenda cívica na praza que leva o nome da escritora, coa lectura dun manifesto e o repartimento do “caldo de groria” entre as persoas asistentes.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.