Saturday 22 de February de 2025

O concello amplía e renova o pavimento da estrada no Núcleo de San Fins


O investimento aproximado é de 70.000 euros.

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Pablo Cambón, desprazáronse ata o lugar de San Fins para supervisar as obras de mellora da estrada que se están a executar nese núcleo pertencente á parroquia de Montemaior.

A actuación consiste no acondicionamento dos sobreanchos coa finalidade de aumentar a plataforma da calzada e na renovación da superficie de rodadura para favorecer o tránsito rodado. Como medidas de seguridade, o proxecto tamén incluíu a limpeza das cunetas xa executada hai varias semanas, a construción dunha escollera para a contención da calzada e a ampliación da rede de recollida de pluviais. As obras concluirán coa sinalización horizontal e vertical.

A intervención supón un investimento aproximado de 70.000 euros.

Deja un comentario