Friday 21 de February de 2025

O PP de Culleredo organiza unha charla para informar sobre as axudas da Xunta para a compra e alugueiro de vivenda.


∙ O evento terá lugar o 20 de febreiro no edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

∙ Os asistentes poderán resolver todas as dúbidas que teñan sobre as axudas que a Xunta ofrece para o alugueiro ou compra de vivenda.

O Partido Popular de Culleredo convocou a todos os veciños interesados en coñecer as axudas que a Xunta de Galicia ofrece para a compra e o alugueiro de vivenda a unha charla informativa que se celebrará o vindeiro xoves 20 de febreiro ás 20:00 horas no edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

O evento contará coa participación da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, quen explicará en detalle as diferentes subvencións e programas de apoio que o Goberno galego pon ao dispor dos cidadáns para facilitar o acceso á vivenda. Ademais, os asistentes terán a oportunidade de expor as súas dúbidas e consultas de forma directa.
Desde o PP de Culleredo, o seu líder e portavoz, Izaskun García, subliña a importancia desta reunión: “Decidimos organizar este encontro informativo sobre vivenda por razóns obvias: o problema para comprar ou alugar vivenda agravouse nos últimos anos. Independizarse converteuse en algo case imposible para os nosos mozos”.

García sinalou que o acceso á vivenda é unha das principais preocupacións dos veciños do municipio e que é fundamental dar a coñecer as ferramentas que a Xunta pon ao dispor das familias e os mozos para afrontar esta problemática. “É importante que os cidadáns coñezan todas as opcións de axuda e asesoramento que existen para poder acceder a unha vivenda digna”, destacou.
O Partido Popular de Culleredo anima a todos os interesados a asistir á charla e aproveitar esta oportunidade para informarse de primeira man sobre as distintas axudas dispoñibles.

Deja un comentario