
O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda o vindeiro venres 21 de febreiro da man de Carmen Rodríguez Coronado, profesora substituta de Fisioloxía vexetal da Universidade da Coruña; con “Mulleres e ciencia”.
O venres 21 de febreiro ás 18:30h terá lugar unha charla científica impartida pola profesora substituta de Fisioloxía vexetal da Universidade da Coruña; Carmen Rodríguez Coronado sobre “Mulleres e ciencia”.
Os obxectivos do programa “Ler para saber” son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.
O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” completarase con outras catro charlas máis os días 21 de marzo (“A ciencia secreta dos números: a estratexia detrás dos gamers” con Esaú Rodríguez), o 4 de abril (“Exploración a Marte” con Alejandro Cardesín), o 25 de abril (“os nosos amigos os microorganismos” con Carmen Rioboo) e o 9 de maio (“Experimentos caseiros para comprender o noso planeta” con Xacobo de Toro).
As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.
A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.
Máis información na Biblioteca Rialeda.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.