
Esta actuación enmárcase dentro do Plan de mellora e renovación de Parques Infantís e proximamente licitaranse actuacións similares nos parques do centro social e a escola unitaria de Bemantes.
O Concello de Miño continúa co seu compromiso de mellora e renovación dos espazos públicos destinados á infancia. Dentro do Plan de mellora e renovación de Parques Infantís, esta semana levouse a cabo a mellora do parque infantil do patio do colexio CPI Castro Baxoi, unha actuación que responde as peticións da comunidade escolar e que garante un espazo máis seguro e adecuado para os nenos e nenas do centro.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, destacou a importancia desta intervención: “O noso obxectivo é que os máis pequenos poidan gozar de áreas de xogo modernas, seguras e accesibles. Atender as demandas da comunidade escolar e mellorar as súas instalacións é unha prioridade para este goberno”.
Así mesmo, nas próximas semanas procederase á licitación da renovación completa dos parques infantís de Bemantes, tanto o situado no centro social como o da escola unitaria. “Seguimos traballando para mellorar os nosos parques e espazos públicos, dotándoos de infraestruturas de calidade que favorezan o benestar e o desenvolvemento da infancia”, engadiu o rexedor.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.