
• Está destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e ten un prezo de 16 euros por participante.
• O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 27 de febreiro.
O Concello de Cariño oferta un campamento de Semana Santa para os máis pequenos da casa, proporcionándolles aos veciñas e veciños unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións deste período que facilite a conciliación familiar. O programa, que leva por nome ‘Campamento Concilia Cariño Semana Santa’, está dirixido a nenas e nenas de entre 3 e 12 anos que se atopen escolarizados.
O CEIP Manuel Fraga Iribarne acollerá este campamento urbano os días 14, 15, 16, 17 e 21 de abril, todos eles en horario de 9:30 a 14:30 horas.
O prazo para inscribirse estará aberto ata o xoves 27 de febreiro. As prazas están limitadas a 36 usuarios e poderanse solicitar de forma telemática a través da páxina web www.escuelacontalento.es/campamentos/.
O campamento ten un prezo de 16 euros por persoa, pero haberá descontos no caso de que haxa varios membros da familia apuntados. As bases están dispoñibles para a súa consulta na páxina web municipal.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.