
• A actividade enmárcase no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego e conta con prazas limitadas
O Concello de Laxe pon en marcha unha nova iniciativa cultural para achegar á veciñanza ao mundo das artes escénicas. O vindeiro sábado 8 de marzo de 2025, organizase unha viaxe a Santiago de Compostela para asistir á representación da obra “A Burra, a Mesa e o Pau”, unha produción do Centro Dramático Galego.
O autobús sairá ás 14:45 horas dende a Casa do Concello (Avda. Cesáreo Pondal, nº 26) e trasladará ás persoas inscritas ata o Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde a función dará comezo ás 18:00 horas. O regreso está previsto para as 20:00 horas.
A actividade ten un custo de 5€ por persoa e as prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición canto antes. As persoas interesadas poden obter máis información e anotarse chamando ao 981 70 69 03.
Con esta iniciativa, o Concello de Laxe reafirma o seu compromiso coa promoción da cultura e o acceso ao teatro, facilitando a participación da veciñanza en eventos de primeiro nivel.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.