
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe en San Caetano co alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, para avanzar na colaboración na programación do Ano Castelao con este municipio coruñés do que era orixinario o intelectual galeguista.
Con este obxectivo, o representante de Cultura do Goberno galego trasladoulle ao rexedor de Rianxo á disposición da Xunta a integrar o concello na ampla programación que vai desenvolver para enxalzar esta figura senlleira da política e cultura galegas, co gallo do 75 aniversario do seu pasamento. Ao respecto, avanzoulle a posta en marcha dunha exposición virtual na Cidade da Cultura, o desenvolvemento de actividades para dar a coñecer a súa obra e figura nos colexios galegos e a publicación das dúas versións existentes da emblemática peza teatral Os vellos non deben namorarse.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.