Saturday 22 de February de 2025

O concello celebrará o Día de Rosalía cun concerto infantil


O domingo ás 12:00 h na Casa da Cultura da Laracha

O 23 de febreiro de 1837, hai agora 188 anos, nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, a que sería unha das figuras máis importantes da literatura galega.
Cada ano para conmemorar esa data celébrase o Día de Rosalía cos propósitos de poñer en valor a obra da poetisa e novelista compostelá e divulgar o seu legado.
O Concello súmase ao Día de Rosalía ofrecendo o concerto infantil Cantamos con Rosalía! de Luis Vallecillo o domingo a partir das 12:00 horas na Casa da Cultura da Laracha, con entrada libre e gratuíta para o público asistente.
O artista multidisciplinar Luis Vallecillo compartirá co público como chegou a Galicia dende a súa Madrid natal na procura das orixes de Rosalía de Castro, unha busca que lle permitiu descubrir e aprender a escribir e a falar o idioma galego. O espectáculo, cunha duración de 50 minutos, será participativo, dinámico e apto para todos os públicos, en especial o familiar.

Deja un comentario