Saturday 22 de February de 2025

Neda conmemorará o Día de Rosalía con actividades infantís, unha lectura colectiva e a acción “Pan e poesía”


O Concello de Neda súmase esta semana á conmemoración do Día de Rosalía (23 de febreiro, coincidindo co día do seu nacemento), destinado a dar a coñecer a figura e a obra da para pór en valor a figura e a obra da poetisa máis recoñecida das letras galegas. E faino cunha programación especial na biblioteca municipal, que incluirá actividades para o público en xeral e para a xente miúda. E como colofón, a iniciativa “Pan e poesía”.
A oferta arrincará este xoves, cun obradoiro de caligramas e unha sesión de xogos de mesa, dirixida a nenos e nenas de Neda de seis anos en diante. A proposta, titulada “E Rosalía quen vén sendo?”, terá lugar a partir das 18 horas, no espazo cultural municipal, que contará estes días cun centro de interese sobre Rosalía de Castro.
Para o venres, a partir das 18.30 horas, prepárase unha lectura colectiva de poemas da autora de Cantares gallegos, Follas novas o En las orillas del Sar. Unha iniciativa aberta ao conxunto da cidadanía. De feito, dende o Concello faise unha chamada á participación, solicitando ás persoas que desexen colaborar en “Unha tarde con Rosalía”, que contacten coa biblioteca, chamando ao teléfono 981390233.
A programación continuará o sábado co espectáculo infantil de narración oral “Historias soñadas”, unha obra de Trémola Teatro inspirada nos versos e tamén en anacos da vida desta escritora do Rexurdimento. A proposta, que mestura poesía e música, para nenos de máis de tres anos, está fixada para as 12 horas, e se inclúe no programa cultural “Lesme un conto?”.
Finalmente, o domingo, o Concello desenvolverá, coa colaboración de panaderías locais, a acción “Pan e poesía”. Así, as primeiras persoas que se acheguen a mercar o pan, emblema gastronómico de Neda, aos despachos existentes na vila recibirán, a modo de agasallo, un marcapáxinas cun poema da autora. Unha forma de espallar o coñecemento sobre a poetisa máis célebre da nosa lingua.

Deja un comentario