Saturday 19 de April de 2025

O Concello Lousame conmemorará o Día de Rosalía cuns obradoiros culturais gratuítos para a rapazada


O Concello de Lousame conmemorará o Día de Rosalía, que se celebra este domingo 23 de febreiro, cuns obradoiros culturais para a rapazada. Uns talleres dirixidos a nenos e nenas de entre os 6 e os 14 anos de idade nos que se elaborarán pandeiretas de cartón e marcapáxinas inspiradas na poetisa galega. Os obradoiros terán lugar na Casa da Cultura lousamiá o domingo 23 de febreiro, de 17:00 a 19:00 horas.

 

A Concellería de Cultura convoca un total de 20 prazas. As inscricións estarán abertas en Bandoticket (www.bandoticket.com) dende hoxe ata o 20 de febreiro unicamente para veciños e veciñas empadroados en Lousame. No caso que quedar algunha praza libre, abriríase do 21 ao 22 de febreiro un segundo prazo de inscrición para persoas non empadroadas no municipio.