
• Repartirá ata 50 composteiros entre a veciñanza que o desexe, así como tamén impartirase un curso de formación presencial.
• O obxectivo desta iniciativa é estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio e cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.
• As persoas interesadas teñen ata o 21 de febreiro para solicitar os composteiros, que se repartirán por estrito orde de inscrición.
O Concello das Somozas súmase ao Programa de Compostaxe Doméstico impulsado por Sogama e repartirá ata 50 composteiros entre a súa veciñanza.
O obxectivo desta iniciativa é estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio e cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.
Para formar ás persoas interesadas nas distintas técnicas de elaboración de compost tamén realizarase un curso presencial no que se resolverán dúbidas e se repartirá o material necesario.
Durante o primeiro ano realizarase un seguimento do uso veciñal dos composteiros por Sogama.
As persoas interesadas teñen ata o 21 de febreiro para solicitar os composteiros, que se repartirán por estrito orde de inscrición.
O alcalde, Juan Alonso Tembrás, destacou que “este proxecto é importante a nivel medioambiental e económico para o Concello, xa que facemos a reciclaxe no punto de orixe da produción do residuo e conseguimos diminuír os costes ambientais e económicos da recollida, transporte e tratamento deste tipode residuos”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.