
Os bombeiros do parque provincial de Carballo recibiron aviso a pasada noite dun incendio activo nu piso da Rúa Brasil do concello de Carballo. Ao chegar ao domicilio, a inquilina e única ocupante indica que xa foi extinguido. O lume situouse nunha terraza traseira onde estaba a lavadora e o quentador de gas. A muller desenchufou a lavadora e botoulle auga despois para apagar o lume, polo que os danos non se estenderon. Tras ventilar o piso e comprobar que a situación quedou controlada, os bombeiros deron por rematado o servizo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.