
Os bombeiros do parque comarcal de Carballo interviron este sábado pola tarde nun accidente de tráfico próximo á rotonda de Bértoa (AC-552), no concello de Carballo.
Recibiron o aviso dun accidente de tráfico con posibles atrapados ás 19:55 horas. Un coche saírase da vía chocando posteriormente contra a fachada lateral do tanatorio Santa Marta. O condutor do vehículo, e único ocupante, atopábase no interior inconsciente. Coa axuda do persoal do 061 mobilízase a vítima ata unha ambulancia, onde foi estabilizado para posteriormente ser trasladado ao CHUAC.
Interviron a Policía Local e Protección Civil de Carballo.