
Estudantes do ciclo de Formación Profesional de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal e do de Produción Agroecolóxica participaron nunha serie de charlas enfocadas ao benestar animal
Alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, participaron nunha serie de actividades complementarias para ampliar os seus coñecementos sobre o coidado dos animais.
Concretamente, preto de 40 estudantes do ciclo de Formación Profesional de Gandaría e Asistencia en Sanidade formaron parte dunha charla impartida por unha alumna da primeira promoción deste grao formativo, Sandra Fernández. Nela, abordaron de forma práctica técnicas de manexo e vendaxe de mascotas para aqueles alumnos interesados en desenvolver a súa carreira profesional como axudantes de veterinaria en clínicas de pequenos animais. Para desenvolvela, contaron con 10 cans e dous gatos para que levase a cabo a práctica destas técnicas baixo supervisión.
Por outro lado, máis de 40 alumnos dos ciclos de FP de Gandaría e Asistencia en Sanidade e de Produción Agroecolóxica asistiron á charla “O descanso das vacas”, incluída no programa “A Ponte” da Universidade de Santiago de Compostela. Esta actividade estivo impartida por Ramiro Fouz, profesor da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, que expuxo a importancia que ten un descanso apropiado das vacas no seu benestar e produción, relatando polo miúdo as razóns fisiolóxicas deste feito.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.