Friday 21 de February de 2025

O Concello ofrece novas actividades gratuítas de educación ambiental nos centros cívicos municipais


A concellaría de Medio Ambiente organiza un ciclo de conferencias, talleres e visitas guiadas sobre biodiversidade, coidado de mascotas e economía circular e aforro no fogar

O Concello da Coruña continúa reforzando a oferta de actividades nos centros cívicos municipais. Os días 27 de febreiro e 5 e 13 de marzo o Concello pon en marcha un ciclo de actividades dirixidas a fomentar a educación ambiental que se centrarán en tres aspectos clave: o coñecemento e o respecto da biodiversidade da nosa cidade, o coidado de mascotas e as posibilidades de coidar o planeta desde casa, aforrando enerxía e reciclando de forma máis eficiente.

As actividades, totalmente gratuítas, estarán impartidas por expertos ambientais e en dúas delas haberá saídas que complementarán o aprendido. O programa forma parte da batería de medidas formativas no respeto ao medio ambiente impulsadas polo Goberno de Inés Rey.
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, sinalou que “é moi importante estender a educación ambiental a todas as franxas de idade”. “Desde o Concello facemos un gran traballo coas actividades educativas nos centros escolares pero é necesario transmitir que o coidado da contorna, que en definitiva é o coidado do planeta, é responsabilidade de todos, por iso estes talleres están abertos a toda a cidadanía”.

Esta nova iniciativa consta dun ciclo de tres actividades. A primeira delas celebrarase no centro cívico de Monte Alto o xoves 27 de febreiro, ás 18:30 horas. Trátase dunha charla sobre coidado de mascotas na que se incidirá sobre a tenencia responsable, a mellora do benestar dos animais, as posibilidades de adopción e a nova lexislación que afecta as persoas propietarias de cans, gatos e outros animais domésticos. A actividade está dirixida non só ás persoas donas de mascotas senón tamén a quen estea pensando en incorporarun animal doméstico á súa vida. Esta actividade completarase cunha visita posterior ás instalacións do centro municipal de acollida de animais.

A segunda das actividades, centrada na biodiversidade, permitirá aos participantes aprender sobre as aves que habitan na cidade, como identificalas e a súa contribución fundamental á natureza. A actividade consta de dous partes: o mércores 5 de marzo haberá unha conferencia no Centro Cívico de san Diego e nunha data posterior organizarase unha saúda de observación ao Monte de San Pedro con prismáticos e guías de campo.

Por último, o xoves 13 de marzo, no centro cívico de Monelos, expertos en educación ambiental ofrecerán unha charla na que os asistentes poderán aprender a importancia de coidar o expón desde nosa propias casas, con consellos prácticos sobre aforro de auga e enerxía, redución de residuos, reciclaxe e consumo responsable.
Toda a información sobre as actividades estará dispoñible na web municipal e nos centros cívicos. A inscrición pode facerse no teléfono 981 903 834 ou no correo electrónico educacionambiental@coruna.gal

Deja un comentario