Friday 21 de February de 2025

O Concello modificará o Plan xeral para evitar usos indesexados nas proximidades da praia de Bastiagueiro


Para completar a ordenación urbana do entorno da praia de Bastiagueiro e evitar a aparición de usos indesexados como podería ser a construción dunha gasolineira, o Concello está a tramitar unha modificación puntual do Plan xeral para clasificar o solo sin edificar comprendido entre a avenida Che Guevara e a rúa dos Niños como dotacional para equipamentos deportivos ou terciarios. Desta maneira tampouco se poderán construír vivendas e daráselle a continuidade aos equipamentos deportivos e de ocio que xa existen nas proximidades da praia.

 

A instalación dunha gasolineira nese lugar da avenida Ernesto Che Guevara suporía a contaminación da praia de Bastiagueiro, que se atopa a unha distancia de 100 metros. Tamén carrearía un imporante perigo para as vivendas que se atopan pegadas á parcela, na rúa dos Niños.

Deja un comentario