
Os traballos consistiron na substitución de todas as ventás do inmoble para mellorar o illamento térmico
O Concello finalizou esta semana os traballos de substitución de todas as ventás do edificio de actividades extraescolares do CEIP Emilia Pardo Bazán, colexio situado no barrio dos Rosales. O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, visitou o centro para supervisar o resultado dos traballos. “Esta e outras melloras que estamos levando a cabo nas escolas infantís e colexios da cidade forman parte das políticas impulsadas pola nosa alcaldesa, Inés Rey, para dotar á Coruña de espazos educativos de calidade”, indicou o edil.
O complexo do CEIP Emilia Pardo Bazán componse de tres edificios. Nun extremo da parcela sitúase o empregado para Educación Primaria e a súa correspondente ampliación, que comezou a súa actividade no 2015. No outro lado da parcela está a antiga sede de Educación Infantil, edificio que agora está destinado ás actividades extraescolares. “Atendendo ás demandas dos pais e nais do alumnado, desde o Goberno de Inés Rey puxemos en marcha esta actuación co obxectivo de garantir a seguridade das persoas usuarias, así como mellorar o benestar interior e eliminando posibles filtracións de aguas”, indicou Juan Ignacio Borrego.
Os traballos consistiron na substitucións das ventás, as súas carpinterías exteriores e outros elementos deteriorados por outros de última xeración. Actuouse no conxunto do edificio, que consta de dúas plantas. O orzamento da actuación ascendeu a máis de 140.000 euros.
Ademais, o concelleiro tamén puido comprobar na súa visita ao centro as melloras realizadas polo Concello no peche perimetral do recinto. “Con esta actuación tamén quixemos mellorar a seguridade dos nenos e nenas usuarias deste colexio, tal e como estamos a facer na EIM dos Rosales”, indicou Juan Ignacio Borrego.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.