
O prazo de presentación de obras estará aberto ata o 31 de marzo.
O Concello de Carral acaba de convocar unha nova edición do Premio de Poesía Concello de Carral. Neste ano 2025 o certame suma xa as 28 edicións, mantendo sempre a intención de seguir colaborando a fornecer o sistema literario galego, a difundir a poesía entre a poboación de Carral, a descubrir novos valores da nosa literatura ou a consolidar poetas que xa contan con obra publicada. Durante estas 28 anos o premio de Carral consolidouse coma un dos máis importantes de Galicia, o cal lle foi recoñecido pola Deputación de Ourense que lle concedeu un dos seus premios Rodolfo Prada 2024 a iniciativas galegas de xestión cultural.
Nas bases da actual convocatoria están recollidos todos os aspectos que atinxen á presentación de obras e que se resumen en:
- Premio: 3500 € e a publicación da obra en Edicións Espiral Maior
- Obras orixinais e inéditas en galego cun mínimo de 500 versos
- Prazo aberto para a presentación de obras ata o 31 de marzo
O premio entregarase nun acto que terá lugar o 30 de maio, no que tamén se presentará a edición do libro gañador o ano pasado, A pel do exilio de Silvia Penas.
Para levar a cabo o certame o Concello de Carral conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Na páxina web do Concello están xa publicadas as bases deste certame.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.