Friday 22 de November de 2024

Unha proba federada de duatlón lembrará a memoria de Vicente Fernández e Jesús Huerta


Terá lugar o vindeiro 13 de marzo polas rúas de Riveira

O próximo 13 de marzo terá lugar en Riveira unha proba de duatlón en memoria dos recordados Jesús Huerta e Vicente Fernández: ambas dúas persoas moi vinculadas ao mundo do deporte.

Para ofrecer detalles da proba compareceron o presidente e o vicepresidente da entidade organizadora Club Natación Riveira (Julio Simarro e José Carlos Matilla), Juan Carlos Brión en representación da Federación Galega de Triatlón, e o alcalde Manuel Ruiz.

Julio Simarro manifestou que esta será a primeira vez en que a proba sexa federada.

A saída, transición e meta estarán situados na praia de Coroso. A saída na proba masculina sen corte será ás 10 horas e a saída da proba masculina con corte terá lugar ás 11.30 horas (o tempo de corte está fixado en 1 horas ao finalizar o segundo segmento). A saída feminina terá lugar ás 11.40 horas.

En canto á distancia, desenvolverase baixo á modalidade Sprint sendo 5 kilómetros a pé, 20 kilómetros en bicicleta e 2,5 kilómetros a pé.

O evento conta co patrocinio do Grupo Germania e Congalsa e teñen como colaboradores ao Concello, á Deputación, a Protección Civil e á Secretaria Xeral para o Deporte.

O período de inscrición conclúe o 8 de marzo (pódese realizar online a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org). A organización calcula que participarán entre 200 e 250 deportistas.