
A alcaldesa recibiu esta mañá aos participantes no primeiro consello reitor da axencia
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá aos asistentes á primeira reunión presencial do consello reitor da Aesia celebrada na Coruña, na súa nova sede transitoria na Casa Veeduría, na Cidade Vella. A rexedora recibiu este venres ao ministro de Transformación Digital e Función Pública, Óscar López, que presidiu o acto. Tamén estiveron presentes a secretaria de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial, María González Veracruz, e o director da Aesia, Ignasi Belda. A alcaldesa acompañou a Óscar López durante a visita á nova sede sede provisional da axencia.
“Hoxe é un día histórico para a cidade, pois temos a honra de ter na Coruña a sede dunha axencia de suma importancia a nivel nacional e internacional nos tempos actuais”, apuntou Rey, que agradeceu ao ministro e ao consello reitor da Aesia o seu traballo durante os últimos meses para completar a instalación nesta sede. “Cedémoslle á Aesia un dos mellores espazos públicos da cidade, coa garantía de que, unha vez finalicen os traballos de rehabilitación da Terraza, ocuparán outro edificio histórico e con todas as comodidades que precisa esta nova institución”, engadiu a alcaldesa.
O Goberno de Inés Rey acometerá unha reforma integral do edificio da Terraza, que será a sede definitiva da Aesia nun prazo máximo de 36 meses. O Concello ten asignados no capítulo de investimentos dos orzamentos municipal do 2025 4 millóns de euros para a adecuación de ditas instalacións.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.