
A Consellería de Política Social e Igualdade destinou nos últimos dous anos máis de 350.000 euros a esta entidade para a execución de programas e iniciativas sociolaborais
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou esta mañá o importante papel que desempeña a Fundación Ronsel na mellora da empregabilidade das persoas en situación de vulnerabilidade. Así o sinalou esta mañá durante unha visita ás instalacións desta entidade social na cidade da Coruña.
Arturo Parrado sinalou que a Consellería de Política Social e Igualdade destinou durante os últimos dous anos máis de 350.000 euros a esta entidade para o desenvolvemento de iniciativas encamiñadas a mellorar a situación sociolaboral das persoas con máis dificultades. Estas accións contemplan a formación dos usuarios, asesoramento na busca de emprego ou a posta en marcha de programas como Camiño migrante destinados ás persoas estranxeiras.
Así mesmo, o director xeral agradeceu o traballo dos profesionais que conforman a Fundación Ronsel e trasladoulles o compromiso da Xunta de seguir colaborando co tecido asociativo para seguir mellorando a vida das persoas que máis o precisan.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.