Saturday 22 de February de 2025

As Somozas organiza unha viaxe cultural a Portugal


• Terá lugar o 22 de febreiro e visitaranse as localidades de Vilanova de Cerveira e Valença do Minho e almorzarase nun restaurante local.

• As persoas interesadas deberán apuntarse, antes do 18 de febreiro, na Casa do Concello. O viaxe terá un custo de 25 euros.

• Ademais, o 8 de decembro celebrouse a II edición do acendido de luces de Nadal no coto das Somozas.

O Concello das Somozas organiza o vindeiro sábado, 22 de febreiro, unha viaxe a Portugal.

O autobús sairá ás 7:30 horas da mañá desde o Centro Cívico Sociocultural e durante o traxecto realizará varias paradas, sendo a primeira visita en Vilanova de Cerveira, onde visitarase a famosa feira que se celebra nesta localidade cada sábado.

Tras almorzar nun restaurante da zona, retomarase a viaxe ata Valença do Minho, poboación moi recoñecida pola súa fortaleza, e lugar de múltiples tendas nas que as persoas que o desexen poderán realizar as súas compras.
Tras a visita de Valença iniciarase o regreso a As Somozas.

As persoas interesadas deberán apuntarse, antes do 18 de febreiro, na Casa do Concello. O viaxe, que está subvencionado polo Concello das Somozas, terá un custo de 25 euros. As prazas son limitadas e o pagamento realizarase cando se inscriban como mínimo 30 persoas.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, animou a toda a veciñanza “a participar nesta viaxe que xa contou con moi boa acollida en anteriores saídas”.
“Este tipo de iniciativas son unha forma máis de conectar á veciñanza, de que desfruten do seu tempo libre e de que coñezan novos lugares ao tempo que se relaxan da rutina do día a día”, rematou.

Deja un comentario