
A Pobra do Caramiñal acollerá, o vindeiro sábado 08 de marzo, un dos Seminarios de Defensa Persoal Feminina promovidos pola Deputación da Coruña.
Este seminario, que está dirixido ás mulleres de entre 12 e 70 anos, será impartido no Polideportivo Rúa Venecia da Pobra do Caramiñal. Alí, entre as 10:00h e as 13:00h, as mulleres da Pobra terán a oportunidade de mellorar as súas capacidades en defensa persoal da man da Escola de Defensa Persoal e Policial HFK.
A inscrición ao Seminario é on-line e de balde.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.