
Iría dirixido a mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse presentar á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia un programa municipal de voluntariado xuvenil ao abeiro da convocatoria de subvencións a entidades locais para a organización de iniciativas para promover a acción voluntaria.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, o Concello pretende ofrecer a mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos a posibilidade de participar nesta iniciativa de alto valor social actuando como persoal de apoio aos técnicos especializados nas diferentes actividades municipais de tipo cultural, educativo, deportivo, xuvenil, medioambiental e de promoción do benestar das persoas maiores e da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres que se levarán a cabo nos próximos meses.
Na Xunta de Goberno tamén foron concedidas dúas licencias de segregación solicitadas por particulares, unha delas no lugar do Cruceiro da parroquia de Lestón e a outra, en Cardois, na parroquia de Cabovilaño.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.